Das declaracións sobre a futura escaseza de auga, feitas dende o Concello de Redondela.

“No mundo hai recursos suficientes para cubrir as necesidades de todos os homes, pero non para satisfacer a súa cobiza.”

Mahatma Ghandi
 

A Plataforma Cidadá en contra da Autovía de Redondela, sale ó paso das declaracións do alcalde do concello o pasado 6 de Marzo na Voz de Galicia, nas que alertaba da escasez de auga en 15 anos.

Resulta paradóxico que un dos principais defensores do enlace da A-57 co aeroporto de Peinador se preocupe polo abastecemento de auga, e non faga nada por impedir a construcción dunha infraestructura que, moi probablemente, merme os recursos hídricos de máis da metade das parroquias de Redondela.

Tamén resulta paradóxico que, ante tal panorama, se aproben proxectos constructivos como o de Pousadouro, ou se sigan expedindo licencias de obra  como as dos edificios de Regojo. Como pensa o concello garantir o abastecemento destas novas vivendas sen comprometer o abastecemento das xa existentes? 

Unha vez máis queda patente a inexistencia dunha ordeación do territorio coherente, e que as accións que se emprenden pénsanse máis co bolsillo que coa cabeza. Resulta máis doado ser populista e fomentar o derroche de auga, que plantexar verdadeiras alternativas que poñan en valor os recursos hídricos sen comprometer os sistemas naturais nin o abastecemento humano. O máis asombroso é a solución pola que apostan o edil municipal e o director da empresa concesionaria, a construcción dun novo encoro no concello de Fornelos.

Nada se menciona sobre a necesidade de reducir o consumo, de protexer os acuíferos, de recuperar as fontes ou de deixar de construir infraestructuras que atentan contra un ben común como é a auga doce.  Non é de extrañar, cando o propio concello é o primeiro en derrochar auga limpando as beirarrúas en pleno verán,  regando o céspede ás 12 do mediodía cun calor de xustiza ou deixando que a auga corra  pola rúa Telmo Bernárdez durante semanas sen reparar a avaría.  E mentras tanto a empresa concesionaria frótase as mans en vista do maná que se lle presenta en Redondela. Cantos futuros clientes non haberá nestas parroquias si os mananciais dos que se surten os veciños son estragados pola autovía?. Ó final, quen leva as de perder sempre é a cidadanía.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://plataformaredondela.blogsome.com/2008/03/17/das-declaracions-sobre-a-futura-escaseza-de-auga-feitas-dende-o-concello-de-redondela/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.




View My Stats