Nota de prensa 24/04/08. Pleno extraordinario para o martes 29.

Como é sabido, convocouse un pleno extraordinario no Concello de Redondela para o próximo martes dia 29 ás 9:00h, a petición da xefa da oposición local, dona Francisca Canal, no que se abordará a posición oficial do Concello con respecto da polémica conexión da A-57 con Peinador.

Dende a Plataforma facemos dúas lecturas de este asunto. A primeira é positiva, por demostrarse así que este asunto sigue vixente en Redondela e que os veciños afectados, e demais movementos de oposición á autovía, seguimos movendo as poucas fichas que a política deixa ó alcance dos veciños deste concello. A segunda é rotundamente negativa; dende a Plataforma entendemos que, como noutras ocasións, a alcaldía convoca un pleno extraordinario vencellado a temas espiñosos en horario matinal, dificultando así a asistencia dos veciños interesados ó debate que alí se produza. Unha vez máis, a alcaldía demostra a súa tendencia cara o despotismo, a manipulación e a ocultación fronte a unha opinión pública á que lle teme, con esta nova manobra, na que tentan de aumenta-lo abismo que media, neste asunto, entre o pobo de Redondela e os seus "representantes".

A pesares de este condicionante negativo, a Plataforma e os veciños tentaremos estar alí presentes para escoitar o que se diga e, unha vez máis, deixar patente o noso rexeitamento á Autovía, como faremos tamén no pleno ordinario do mércores desa mesma semana. Queremos un debate con participación cidadá.

Xa vos temos informado de que se solicitou, en varias ocasións e por rexistro, un debate público no que os representantes do goberno municipal, os da oposición, e a Plataforma Cidadá confronten os argumentos cos que sosteñen as súas respectivas posturas, coa fin de que os cidadáns teñan coñecemento dos mesmos, os valoren, e saiban si o Concello está a ter unha postura razoable e documentada cando defende a Autovía de Conexión da A-57 con Peinador ou si, pola contra, isto xurde da "autocracia" déspota á que están acostumados, ou a calquera outro interese que escape do coñecemento público.

 

A finais do próximo mes de Maio, cúmprense tres meses dende que o rexistro selou o último escrito entregado a ese efecto. Segundo fontes consultadas pola Plataforma, ese é o prazo legal máximo que unha administración ten para responder calquera instancia. Estaremos pendentes da chegada de esa data para iniciar as actuacións oportunas, encamiñadas a poñerlle fin a esta actitude antidemocrática exhibida dende o Concello.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://plataformaredondela.blogsome.com/2008/04/25/nota-de-prensa-240408-pleno-extraordinario-para-o-martes-29/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.




View My Stats