Valoración do Pleno Extraordinario de Hoxe. 29-04-08

Hai tres aspectos que queremos valorar do Pleno Extraordinario de hoxe, día 29, celebrado a petición do Partido Popular de Redondela e que tiña, na orde do día, debater a postura reflexada polo Concello na alegación oficial presentada ó Ministerio de Fomento, con motivo da exposición pública do estudio informativo da Conexión da A-57 coa rede arterial de Vigo.

En primeiro lugar, e como xa dixemos na anterior nota, aplaudimos a iniciativa do PP, de forzar este pleno extraordinario, porque se debe impedir a toda costa que o Concello lle siga transmitindo, á sociedade local, a sensación de que o debate rematou e que, coa súa postura, xa está todo dito. En Redondela sigue existindo unha forte oposición á Autovía, e sigue existindo un movemento veciñal que así o expresa, amén da preocupación existente entre os posibles afectados; isto todo, a pesares do esforzo feito pola alcaldía para boicotear e ningunear este movemento.

Esta alcaldía, por certo, insiste en demostrar a súa tendencia máis antidemocrática. Ademais de escoller unha hora cuxa intención descarada era boicotear a asistencia de público ó pleno, sen demasiado éxito, por certo, queremos denunciar o feito de que o alcalde denegara tódalas solicitudes feitas por varios colectivos locais para poder expresarse formalmente ó longo do pleno. Estas solicitudes foran cursadas por rexistro, seguindo o procedemento establecido, rexeitándoas unha por unha o alcalde, en pleno exercicio das súas atribucións, ó mesmo tempo que demostraba cánto interese lle suscita a opinión e as inquedanzas dos veciños de este concello. Cero. A causa de todo isto poden ser os pobres argumentos que sosteñen a súa postura, e que se desmontarán facilmente o día que teñan a ben concedernos o debate tan solicitado. Engadir, ademais, que o grupo de goberno tentou, por varias veces, asustar coa posibilidade de retomar o proxecto das variantes de Redondela, no que consideramos un intento de enfrontar ós afectados por unha e outra infraestrutura.

Por último, debemos salientar que se len, entre liñas, dous pequenos movementos cara as posturas defendidas dende sempre pola Plataforma. Nunha banda, o PP sigue pedindo que se cambie a alternativa 5 pola 11, o cal choca co noso argumento de que esta autovía non é necesaria; non obstante, hai catro puntos comúns entre eles e nos: esixir respecto para os afectados, pedir seriedade cando se fala da posibilidade de afastar o trazado das vivendas, esixir que a participación dos técnicos do concello á hora de avaliar os estudio informativo, e pedir a defensa do servicio ferroviario en Redondela, punto este último que supón unha importante e feliz novidade. Na outra banda, o BNG tamén demostra un certo achegamento ó sentido común cando di que o seu apoio á Autovía por Redondela está supeditado ó arquivo da propia A-57, xa que admite como unha aberración que se pretendan construír dúas autovías paralelas e distantes entre si apenas un par de kilómetros. Como é sabido, este foi sempre un razoamento feito pola Plataforma.

Axenda inmediata.

Aproveitamos para lembrarvos que este xoves, 1º de maio, estaremos con grupo de nenos que se presentan ó concurso de Maios con unha obra á que nos colaboramos. A cita é a partires das 11:00 da mañá. Haberá tamén algunha outra sorpresa. O venres dia 2, ás 20:00, terá lugar un corte de tráfico na N-550, á altura do colexio de Cesantes, que foi solicitado polos Naseiros de Pontesampaio, tamén opostos a esta Autovía, co apoio da Plataforma.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://plataformaredondela.blogsome.com/2008/04/29/valoracion-do-pleno-extraordinario-de-hoxe-29-04-08/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.




View My Stats