Cousas atrasadas de este mes de Maio. A copla dos Maios.

Este mes non demos parado, e non tivemos apenas tempo a ir subindo nada do que fixemos. A ve se imos actualizando este blog un pouquiño, e para empezar, aquí vos vai a letra das coplas coas que gañamos o primeiro premio no concurso de maios. Nuns días, subiremos as fotos.

Este maio que aquí temos é a Peneda mutilada,
o que queira ir a capela ten que facer escalada.

Somos rapaces do Viso, e queremos preguntar
a eses que están no concello, que pobo nos van deixar?

Son amantes do progreso, do ladrillo son devotos,
con cemento e con asfalto, aínda agora compran votos.

Queren facer autovía, con rotonda na Peneda,
para que a xente do Viso chegue antes a Reboreda.

A autovía vai deixarnos sen a auga da traída,
cando non teñamos auga desalamos a da ría.

A autovía leva casas, en Vilar e máis no Viso,
e o Emilio dille a xente: “Comprade na Vila un piso”.

A Nolete hai que ensinarlle algo de cartografía,
pois pensaba que en Vilar se libraban da autovía.

Xaime xaimiño, non toques os collóns,
que ti tes menos votos que nós alegacións.

Emilio, emilio, non hai quen che replique,
calquera che di algo, pareces un cacique.

No pleno no hai debate, non che hai oposición,
si o tema non interesa levántase a sesión.

Pedimos un debate con eses elementos,
non queren debatire, non teñen argumentos.

Paqui teme que a autovía, o noso concello tronce,
nos dicimos que ningunha i ela di que pola once.

A autovía tamén fode, Soutoma e Pontesampaio,
e ó alcalde e ó tenente iso impórtalle un carallo.

Ademáis da autovía haiche cousas que contar.
Imos expoñer algunhas, Non nos podemos calar

Houbo unha folga do lixo non che foi xogo de nenos,
A merda en Redondela chegaba ao salón de plenos.

Operarios despedidos, o concello “preocupado”.
Se cobraran como alcalde, isto non tería pasado.

O de Vigo cos camións é un problema que trae tela,
quitan os camións de Teis e mándanos pra Chapela.

Un semáforo en Cabanas, piden pra poñer na vía,
pois cruzar a carretera converteuse en utopía

Eduardo non se entera e di que a xente inventa, “
o do semáforo en Rande, foiche un erro de imprenta”.

Pazos quere que compartas o teu coche coa xente,
eu comparto si el comparte, o seu soldo de tenente.

Toda a terra do AVE vai pro barrio da Pantalla
fixeron unha montaña que parece o Himalaya.

Taponáronlle-los regos viu a chuvia intermitente,
encheuse de terra e auga ata a casa do tenente.

Canteiras para Granito, queren por en San Martiño.
Coa canteira e coa autovía, vai parecer O Porriño.

Levaron camións de piche pra o barrio do Cadaval,
asfaltaron pronto a pista porque a obra era ilegal.

A pesar destes problemas Xaime dinos todo teso,
“só facedes protestar, estades contra o progreso”.

O progreso non é ter cincuenta mil carreteras.
O progreso é non estar un ano en lista de espera.

Gastan tantos cartos en AVES e autovías,
non invirten un peso no tren de cercanías.

Emilio non me veña con que isto é progreso,
chego a final de mes, e non teño nin un peso.

Emilio non mo venda, Emilio non insista,
que teño que ir a Vigo pra ir o especialista.

A xente da Plataforma seica estamos “majaretas”,
queremos que todos vaian para Vigo en bicicleta.

Cando fastidien o monte, dende o Viso ata Quintela,
baixaremos cos chimpíns a por leña na Alameda.

Autovías e canteiras, AVES e recheos no “mare”,
xa só queda que nos poñan unha central “nucleare”.

Prados, ríos, arboredas, pinares que move o vento,
todo queda sepultado, baixo o asfalto e o cemento.

Cando non teñamos terras pra botar unhas patacas
comeremos o asfalto que o que non engorda mata.

E si estes co progreso seguen a encher os bandullos,
para o ano non teremos nin fiuncho nin pampullos

Xa chegou a despedida xa nos temos que marchar
esperamos que o progreso non nos faga emigrar.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://plataformaredondela.blogsome.com/2008/05/27/cousas-atrasadas-de-este-mes-de-maio/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.




View My Stats