Nota de prensa de 09/08/08. Sobre as reaccións do alcalde de Redondela tra-lo pleno suspendido.

Nesta nota de prensa pretendemos denunciar públicamente os feitos acontecidos en días sucesivos á suspensión do pleno ordinario do pasado mércores 30 de xuño.

Como é sabido, a intención da alcaldía era retomar, o xoves 31 pola mañán, o pleno que fora suspendido o día anterior ante as protestas veciñais. Pese a non existir unha convocatoria formal por parte de ningún colectivo, un pequeno grupo de persoas, formado por afectados e membros de colectivos locais, acudiu a título personal a ese pleno que non se chegou a celebrar por razóns de ordenación legal que o alcalde non tivera en conta nun primeiro momento.

Unha vez aclaradas as circunstancias polas que non se puido retomar o pleno na mañá do 31, o alcalde de Redondela, D. Xaime Rei, e o concelleiro D. Emilio González encaráronse con un membro da Plataforma Cidadá de Redondela e increpárono en termos de “indocumentado” e “armadanzas”, ademáis de ameazalo con denuncialo no xulgado para darlle un escarmento. Non satisfeitos, tamén se encararon con algún dos veciños afectados polo proxecto da Autovía alí presentes, dicíndolles que ían abandonar as súas supostas xestións no Ministerio de Fomento en defensa deles.

Dende a Plataforma, creemos que esta conducta é impropia dunhas persoas que, supostamente, deberían representar a cidadanía, e observamos un abuso de poder por parte da corporación municipal, xa que sosteñen con ameazas privadas o que non son capaces de defender en público (a súa defensa da autovía) con argumentos, e porque están a xogar cos sentimentos e as preocupacións de persoas que ven perigar os fogares polos que traballaron toda a súa vida, sin obter apoio (nin siquera respeto) ningún das institucións locais.

Declaracións a Radio Redondela.

Relacionado con todo isto, o Sr. Xaime Rei fixo unha serie de declaracións, nunha entrevista concedida á Radio Municipal de Redondela nas que, ademáis de seguir ameazando co xulgado e de seguir tratando de descalificar ós movementos veciñais opostos á Autovía, culpou públicamente ós “cabecillas” destes movementos dos feitos acontecidos o día 30. Polo que respecta á Plataforma, queremos respostarlle ó alcalde dúas cousas:

Primeira. Os actos reivindicativos convocados pola Plataforma tiveron sempre un caracter lúdico e didáctico, e xamáis incitamos a ninguén a emprender accións violentas, agresivas ou irrespetuosas coas persoas. Pensamos que a mellor conducta é emprender un debate constructivo, propoñendo alternativas ó despilfarro e a destrucción que traerían esta autovía.

Segunda. A Plataforma non ten “cabecillas”, nin tan siquera líderes; é unha organización social enteiramente asamblearia, democrática e participativa, palabras cuio descoñecemento demostra o noso alcalde coa súa conducta política. Todo o mundo pode acceder á Plataforma e participar nos nosos debates, incluído o propio Xaime Rei, na súa condición de veciño de Redondela. Reunímonos todos os luns ás nove e media na Casa da Cultura de Redondela.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://plataformaredondela.blogsome.com/2008/08/11/nota-de-prensa-09-08-08/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.




View My Stats