Nota de prensa de hoxe, 31/11/08. Colectivos de Redondela únense en contra de diversas actuacións que se pretenden desenvolver no Concello.

Diversos colectivos, baixo o lema “Pola defensa do territorio e a calidade de vida” acordaron actuacións de protesta para denunciar a crecente desfeita medioambiental, social e económica no municipio, totalmente amparada e consentida polas distintas Administracións.

 

Son varias as actuacións que desde diversas administracións se prevén para Redondela, algunhas delas xa en desenvolvemento, e que se atopan cunha fronte oposición veciñal: suba de impostos nun 4,9%, recheos na ría, afecións polo AVE, conexión da A-57 co aeroporto de peinador, construción do Polígono Industrial Mos- Redondela, construción dunha canteira en Amoedo, Moreira e Ventosela, e ampliación da Ponte de Rande e a AP-9 ó seu paso por Chapela, entre outras.

 

Por todo isto, e despois de intentalo pola vía puramente administrativa, diversos colectivos do Concello de Redondela, decidiron unirse co fin de analizar cada un dos problemas que ameaza ós veciños e acometer actuacións conxuntas co fin de que os diversos organismos, xa sexan da Xunta, do Goberno local ou mesmo do Goberno central, escoiten as súas problemáticas. Desde as diversas Asociacións quérese denunciar a falta de representación institucional das voces dos veciños e o total desamparo que cada vez máis sofre o cidadán de a pé.

 

É necesario que se retiren estes proxectos e o modelo despilfarrador e obsoleto que se está fomentando, apostando por un modelo real de calidade de vida, participativo e sustentable, valorizando o transporte publico, en loita contra o cambio climático, a conservación dos recursos naturais, patrimoniais e paisaxisticos.

 

A primeira xuntanza entre os colectivos tivo lugar o xoves 13 de novembro, e estanse realizando reunións semanais para prever actuacións e mobilizacións varias ata que se acceda a escoitar a voz da xente, baixo o lema “Pola defensa do territorio e a calidade de vida”, e comezar dunha vez a gobernar de fronte, e non de costas, como se está a demostrar.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://plataformaredondela.blogsome.com/2008/11/21/nota-de-prensa-de-hoxe-311108/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.




View My Stats