Nota de Prensa sobre a postura do novo goberno da Xunta e o resultado dunha enquisa encargada polo Concello.

Nin a Alternativa 5 da Autovía e boa para o Concello nin a 11 e boa para ninguén

Perante as noticias aparecidas recentemente na prensa, A Plataforma Cidadá Contra a Autovía de Redondela respóstalle aos representantes locais e autonómicos do Partido Popular que manifestaron a súa predisposición pola Alternativa 11 da Autovía (que sae de Pazos e baixa por Nespereira até Peinador), que ningunha das dúas alternativas (nin a 5 nin a 11) é a solución aos problemas de tráfico e mobilidade do Concello.

A Plataforma quere manifestar que dende o principio a súa postura foi a de rexeitar calquera alternativa que sexa unha autovía, por entender que estas supoñen un gasto excesivo e un impacto inasumible no entorno. Pola contra, entendemos que si é urxente a mellora da rede de estradas que actualmente dá servicio aos habitantes destes concellos, a creación dunha rede de transporte público eficaz e económico e una política de achegamento dos servizos aos cidadáns e cidadás. Unha aposta valente que xa lle reclamaron ao anterior goberno e que lle seguirán reclamando ao novo.

Unha petición que non só emana deste colectivo, senón que comeza a calar nos habitantes do municipio que, segundo os resultados dunha enquisa recentemente aparecidos na prensa tamén, aducen como principal problema do Concello de Redondela o da falta dun transporte público que comunique as  parroquias co centro vila e cos núcleos próximos aos que teñen que desplazarse, Vigo e Pontevedra, xunto con outras cuestións que a Plataforma tamén ven reclamando dende hai tempo, como o achegamento dos servicios ós cidadáns para reducir as actuais necesidades de mobilidade.

Desde a Plataforma, agardamos que os nosos representantes políticos tomen boa nota e comecen a gobernar co obxectivos de darlle servizos aos seus concidadás e concidadás.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://plataformaredondela.blogsome.com/2009/05/29/nota-de-prensa-sobre-a-postura-do-novo-goberno-da-xunta-e-o-resultado-dunha-enquisa-encargada-polo-concello/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.




View My Stats